Colabora:

Esta páxina web en galego tivo unha axuda outorgada pola Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia.

Presentación da Asociación

A Asociación de Veciños San Salvador de Sofán, ten como principais funcións, a de defender os intereses dos veciños ante as instutucións locais, provinciais e autonómicas para loitar por un Sofán mellor e dacordo cos tempos que corren.

Esta Asociación organiza diversas actividades o longo do ano que nos fan sentir a todos os membros desta fermosa parroquia moi contentos e orgullosos de ser membros deste lugar.

Algunhas destes acontecementos que se celebran son a do día de Reises, cunha cabalgata (motorizada) que recorre toda a parroquia, visitando cada unha das igrexas a hora da misa, repartindo caramelos dende as primeiras horas da mañá e que fai sobre todo disfrutar ós máis cativos e maiores, rematando na Igrexa parroquial ca celebración unha misa donde se lle entregan regalos a todos os nenos asistentes.

Outra xornada moi importante é a do día da Cea da Irmandade da Asociación. Alí xuntanse case todos os socios e pasanse momentos moi bos acompañados dun grupo de música que fai bailar a case todos.

Pero sobre todo, o que máis exito ten de todo o que organiza a Asociación, son as Festas Parroquiais, nas que todos os veciños da parroquia e moita xente da comarca e provincia se xunta para pasar uns intres inolvidables, sen esquecernos tamén dos veciños e forasteiros que están a traballar fora de Galicia e que veñen a disfrutar das vacacións todos os anos. Aparte de estas cousas a Asociación organiza e represanta a parroquia en moitos máis acontecementos, como poden ser as diversas excursións que se celebran o longo do ano, cursos, reclamacións e subvencións as institucións para mellorar varios aspectos dentro da parroquia...

Diseño web: E-Pulse